RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor mantén o ritmo após o primeiro test de onte en Ourense

Imanol Idiakez mantén o ritmo na sesión posterior ao primeiro test do verán, onte no Couto ante o Ourense CF con motivo da 1ª edición do Trofeo Miguel Ángel.

Así, esta mañá o técnico deportivista dispuxo, após unha activación con rondos, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Unicamente Rául Alcaina e Petxarroman estiveron á marxe do grupo, con traballo personalizado supervisado polo readaptador Fernando Rodríguez.

Por outra banda, Rubén López, Pablo García e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA, tendo en conta as declaracións de Fernando Soriano, Director Deportivo, ao ser preguntado en rolda de prensa por Martín Ochoa: "É xogador para todos os efectos de primeiro cadro. É certo que por idade e por número de licenzas o normal é que teña número de Fabril, pero todo o demais é xogador do primeiro equipo".

Mañá venres 25 de xullo Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva ás 10:30, con almorzo previo na instalación a partir das 8:30.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK